Patrimonio Natural Visita As Neves
Área Recreativa de Pousadouro, Autovía das Rías Baixas, Santa Eulalia de Batalláns, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36457, España Map

Área recreativa emprazada na ladeira do monte de San Nomedio, no lugar de O Pousadouro, nun entorno natural e rural. A vexetación que se pode atopar está constituída por castiñeiros, con sotobosque de variadas especies.

É unha área de recente construción e constitúe un lugar de parada e repouso no Camiño dos Frades, así como un emprazamento habitual de descanso para aqueles que practican, por exemplo, sendeirismo ou os que participan na romaría de San Nomedio.