Patrimonio Natural Qué ver Visita As Neves
Área Recreativa de Santa Mariña, PO-400, Liñares, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36440, España Map

Área recreativa situada nas proximidades do río Miño nas parroquias de Tortoreos e Liñares, na que poderá gozar dun día en familia rodeado de especies arbóreas autóctonas e a benignidade do río Miño. A súa orixe céntrase na ermida de Santa Mariña sita no medio do área e trátase dunha sinxela construción dedicada a Santa Mariña, do século II. A construción existente hoxe en día é unha capela de planta única e rectangular cunha sinxela espadana e cuberta de tella a dúas augas. Poderíase adiviñar un templo do século XVIII, que tendo en conta a remota devoción da santa, levaríanos á conclusión da existencia dunha construción moitísimo máis antiga da cal hoxe non existe á vista. A situación da ermida podería indicar un lugar sagrado e venerado e para elo debemos indicar a presenza moi cerca do coñecido como Castro da Graña, e sobre todo a súa localización ás beiras do Miño, emprazamento utilizado polos nosos antepasados dende hai 400.000 anos.

Capela de Santa Mariña

No ano 1994 o lugar foi rehabilitado, dotándose a zona con mesas, barbacoas e todo o necesario neste tipo de áreas recreativas, que no verán convértese nun lugar ideal para pasar o día e así tamén gozar da praia fluvial e refrescarse ás beiras do Miño. Para chegar a Santa Mariña debemos acceder dende Liñares e cruzar a estrada As Neves-Salvaterra mediante un viaduto. Se accede á área baixo a antiga ponte (s. XIX) do tren de Santa Mariña.

Parque infantil na área recreativa.

 

Fonte na área recreativa

Dende a ermida parte o coñecido como Camiño dos Pescadores, unha senda duns 3,5 km que conduciranos polas beiras do Miño ata a praia fluvial de Guláns, percorrendo elementos etnográficos como as pesqueiras e outras construcións relacionadas co contrabando dos últimos séculos con Portugal e a Raia.