Deporte e ocio Qué facer Visita As Neves
Biblioteca municipal, s/n, Rúa José Gil, Setados, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36440, España Map

A Biblioteca Municipal é un espazo activo de lectura, creación e participación. Ademais dunha ampla variedade de libros, tamén dispón dunha sala de estudo, zona infantil con mobiliario de tamaño reducido (encerado con xices, alfombra e puffs) e unha sala de creación. Esta última sala dispón dunha mesa de tres módulos que se poden recolocar para traballar en equipo, cunha encerado dixital.

Horario:

– De martes a venres: de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00.

– Sábados: de 10:00 a 14:00 (primeiro sábado do mes pechado).

Rincón de crear

Interior da Biblioteca

Sala de estudio e lectura

Zona infantil