Festas e romerías Qué facer Visita As Neves
Pista Polideportiva da Estación, EP-4204, Setados, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36440, España Map

Festa celebrada na Pista Polideportiva do barrio da Estación. Elabórase unha enorme tortilla que alcanza os 1,5 metros de diámetro. Despois da elaboración da tortilla, ten lugar a degustación. Ademais de tortilla, véndese tamén empanada, polbo, rosquillas, etc. A celebración normalmente da comezo sobre as 19:00 horas, prolongándose a festa con actuacións musicais. Cabe mencionar que se coloca sempre unha carpa no lugar do evento para maior comodidade tanto da organización como de tódolos participantes, así como mesas e bancos nos que poder sentarse a gozar e saborear.