Por estrada

Para chegar á vila das Neves existen varias alternativas tanto en transporte (en coche ou autobús) como en itinerarios. A continuación, mostraremos as diferentes rutas para desprazarse ás Neves en coche dependendo do seu punto de orixe. Premendo cada unha das imaxes redirecciona á páxina web de OpenStreetMap para seguir as direccións.

EN COCHE

Dende Ourense

– Accédese pola autovía A-52 dirección Vigo e posteriormente tómase a saída 287 cara PO-402, en dirección As Neves.

Percorrido en coche dende Ourense ata As Neves  pola PO-402

 

– Accédese pola autovía A-52 dirección Vigo, tomaremos a saída 271 cara A Cañiza/Crecente e posteriormente tomaremos a PO-5003 ata Arbo. Dende Arbo colleremos a PO-400 ata As Neves.

Percorrido en coche dende Ourense ata As Neves pola PO-400

 

Dende o norte (A Coruña, Santiago e Vigo)

Accédese pola autoestrada AP-9 cara Pontevedra/A Coruña, a continuación tomaremos a A-56 para posteriormente tomar a A-52 para coller a saída 291 cara As Neves.

Percorrido en coche dende A Coruña ata As Neves

Percorrido en coche dende Santiago de Compostela ata As Neves

 

 

 

Percorrido en coche dende Vigo ata As Neves

Dende Portugal

Para acceder As Neves dende Portugal existe a posibilidade de cruzar a Ponte Internacional que une Monçao e Salvaterra de Miño e coller a PO-400 cara As Neves, ou ben cruzar a Ponte Internacional que une Melgaço e Arbo e coller a PO-400 cara As Neves. A continuación, poñemos o exemplo dende Porto, cruzando a Ponte Internacional que une Valença do Minho e Tui.

Percorrido en coche dende Porto ata As Neves, pasando por Tui

 

EN AUTOBÚS

Hai conexións regulares dende Vigo cos concellos limítrofes da comarca a través da empresa OJEA, que intercomunica todo o Condado-Paradanta. Saen dende a Estación de Autobuses de Vigo e existen varias paradas ó longo do percorrido. Outra das empresas de transporte é Faibus, rede de autobuses interurbanos que teñen servizo dende Vigo ata As Neves.

CONTACTO OJEA:

Tlf: 986 64 08 46

Horario autobuses OJEA

CONTACTO FAIBUS:

Web: www.faibus.com

Tlf: 986 19 45 45

Horario autobuses FAIBUS

Enderezo Estación de Autobuses Vigo: Avenida de Madrid, 57 – Vigo

 Estación Autobuses Vigo