Centro de interpretación sito na parroquia de Taboexa, no que existe unha sala permanente con paneis nos que se mostra o patrimonio cultural da parroquia. Ten como función promover un ambiente para a aprendizaxe creativa, dando a coñecer ás xeracións presentes o significado dun legado cultural e histórico, construído polos bens arqueolóxicos e arquitectónicos da zona.
Está orientado a cubrir catro funcións básicas: investigación, conservación, divulgación e posta en valor do entorno. Conta con unha exposición permanente sobre os bens patrimoniais de maior relevancia de Taboexa: castros, petroglifos, igrexa, capelas, cruceiros, petos de ánimas, muíños de auga…
Os servizos que oferta o centro son:
– Explicación da exposición permanente.
– Visita guiada no centro de interpretación.
– Proxeccións audiovisuais, cunha duración aproximada de 20 minutos.
– Rutas guiadas ao aire libre.
– Salón de usos múltiples.
– Biblioteca.
– Sala de ordenadores con acceso a Internet.
– Sala de ocio e cafetería.
Horario:
Martes y sábados de 9:30 a 14:00.
Mércores, xoves e venres de 9:30 a 14:00 e de 16:30 a 21:00.