Patrimonio Natural Qué ver Sin categoría Visita As Neves
Fervenza e Muíño da Ceña, PO-400, Liñares, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36440, España Map

Moi cerca dos límites do concello das Neves e Salvaterra desemboca o Río Xuliana no Río Miño e faino en forma de cascada. Este río nace no monte Feresvello, ten un largo de 5 quilómetros. Pasa por Rubiós, Tortoreos e Liñares, onde desemboca en forma de cascada duns 5 metros de altura, moi preto da Área Recreativa de Santa Mariña.

Fervenza duns 5 metros, que resulta da desembocadura do río Xuliana no río Miño. Uns metros antes existe un muíño abandonado que hai anos quizais daría o nome de A Ceña. Unha “aceña” é un muíño que se diferencia do resto pola posición vertical da súa roda. Ademais, xunto a fervenza, existe un areal que no verán se converte en praia fluvial.

Praia da Ceña

Para o seu acceso o mellor é achegarse á estrada que nos leva á Área Recreativa e praia de Santa Mariña e antes de chegar a ela, a altura do cemiterio, debemos coller unha pista xusto nunha curva que nos levará paralelo á vía do tren ata o túnel que nos deixa aos pes da fervenza, muiños e praia da Ceña.