Festas e romerías Qué facer Visita As Neves
Praza Maior, Setados, As Neves, Pontevedra, Galicia, España Map

O Concello das Neves informa:
Ven de confirmarse un novo positivo por COVID-19 nas Neves. Está relacionado co último caso comunicado. Como nas situacións anteriores, está en marcha o protocolo establecido polas autoridades sanitarias.
Despois dunha reunión de urxencia, o Goberno municipal decidiu adiar o evento previsto para o día 12 con motivo da “Festa do Tinto Rías Baixas”.
Manterémosvos informados.

El ayuntamiento de As Neves informa:
Acaba de confirmarse un nuevo positivo por COVID-19 en As Neves. Está relacionado con el último caso comunicado. Como anteriores situaciones, está en marcha el protocolo establecido por las autoridades sanitarias.
Tras una reunión de urgencia, el Gobierno municipal decidió aplazar el evento previsto para el día 12 con motivo de la “Festa do Tinto Rías Baixas”.
Os mantendremos informados.

Festa na que se enxalza o afamado viño tinto producido principalmente na parroquia de Rubiós, considerado como un dos mellores dentro de toda a Denominación de Orixe Rías Baixas.

XV Festa do Tinto Rías Baixas
Con motivo da celebración da XV Festa do Tinto Rías Baixas 2020, o 12 de outubro terá lugar un evento de promoción deste produto nas instalacións da carpa do Hotel Nande entre as 12:00 e as 15:00 h.
Será un espazo de exposición e degustación de viños, nomeadamente tintos, de toda a denominación de orixe, e estará musicado pola Banda de Música Popular de Rubiós e o solista Juan Lois Diéguez.
Teremos unha cata comentada de viños guiada polo sumiller Luis L. Paadín.

Implantarase un protocolo COVID en todo o recinto, con aforo limitado. É necesario realizar a reserva previa de prazas en bit.ly/festatinto

Algúns dos tintos que se poden degustar na festa