A superficie total do parque é de 4.196.167 m² e conta con:
– O centro intermodal e a zona de conexión a través de terminais intermodais de ferrocarril e estrada. Disporá dunha terminal específica para contenedores, granito e automóbiles. Ocupará unha superficie de 314.238 m².
– A área loxística intermodal: está destinada a empresas con actividades necesarias de acceso á rede ferroviaria e a súa superficie suma 202.758 m².
– A área loxística de tranformación é para operadores loxísticos, con actividade compatible de tranformación e conta cunha superficie de 738.113 m².
– A área multifuncional industrial que se destina a empresas de transformación con centros loxísitcos propios e relacións sinérxicas co resto da Plataforma. Ocupará 650.481 m².
Contará tamén cunha superficie de 35.221 m² para centro de servicios que é o complexo que agrupa os servicios hoteleiros, bancarios, oficinas de empresas, servicios sociais e equipamento; así como cunha área loxística empresarial onde se ubican empresas cun compoñente significativo de loxística, compatible con actividades de servicio, oficinas e producción. Esta área ten unha superficie de 399.371 m².
Disporá de: zonas verdes – 940.000 m²-; aparcamentos – 358.985 m²-; viais -427.000 m²- e área de equipamentos sociais e deportivos -130.000 m²-.